Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 986

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

MINISTERIO DE DEFENSA

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 1995, da Xerencia de Infraestructura da Defensa, relativo á reversión dos terreos da estación de Lorán, de 76.372m en Estaca de Bares, Mañón (A Coruña).

Para os efectos de lle dar cumprimento ó disposto polo art. 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro, e tendo en conta o establecido na Orde do 22 de xaneiro de 1976 (BOE nº 45, do 21 de febreiro) para efectos de notifcación con carácter gratuíto, procédese á publicación no Diario Oficial de Galicia do seguinte texto:

O ministro de Defensa, con data do 21 de febreiro de 1994, desafectou do fin público a que estaban destinados os terreos da propiedade denominada: «Estación de Lorán, en Santa María de Bares, en Mañón (A Coruña), con superficie de 76.372 m».

Dentro da dita propiedade atópanse incluídas as parcelas que lles foron expropiadas no seu día ós propietarios relacionados no anexo adxunto.

Por iso, en cumprimento de canto determina o artigo 80.3 do Decreto 1.401/1966, do 2 de xuño, de adaptación da Lei de procedemento administrativo ós departamentos militares, ponse no coñecemento dos primitivos donos ou habentes causa que desapareceu a afectación ó fin público a que estaban destinados os terreos ocupados pola propiedade militar Estación de Lorán de 76.372 m polo que, no prazo de un mes, contado a partir da publicación deste edicto, poderán exerce-los dereitos de reversión que lles outorgan os artigos 54 e 55 da lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, en relación cos artigas 63 e seguintes do seu regulamento, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957.

Para o exercicio destes dereitos, os interesados deberán formula-las alegacións perante a Xerencia de Infraestructura da Defensa, r/ Princesa, 32, 28008 Madrid.

A Coruña, 16 de xaneiro de 1995.

Ricardo Paz Canalejo

Tcol. delegado