Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 988

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA

EDICTO do 23 de decembro de 1994 polo que se fai público o nomeamento de xuíz de paz substituto de Carballedo (Lugo).

A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do día 23 de decembro de 1994, acordou nomear por un período de catro anos os xuíces de paz titulares e substitutos de distintos concellos desta comunidade autónoma que foron elixidos polos respectivos plenos segundo as disposicións legais vixentes;

Provincia de Lugo.

Carballedo.-Substituto: Manuel Rodríguez Pérez.

Contra este acordo os interesados poderán presentar recurso de alzada, dentro dos 15 días seguintes ó da publicación deste edicto, perante o Consello Xeral do Poder Xudicial.

Os xuíces de paz nomeados deberán prestar xuramento ou promesa na forma que expresa o artigo 101.5 da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia respectivo no prazo de dez días e posteriormente, no prazo de tres días, tomarán posesión no xulgado de paz para o que sexan nomeados, perante quen estea exercendo a xurisdicción.

Os xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar dentro do prazo de oito días pola praza que lles interese.

A Coruña, 23 de decembro de 1994.

Vicente Fernández Riera

Secretario da Sala de Goberno do Tribunal

Superior de Xustiza de Galicia