Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública do estudio de detalle na avda. da Florida, 125.

Aprobado inicialmente polo Concello Pleno, con data do 16 de setembro de 1994, o estudio de detalle da avda. da Florida, 125, sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles con anuncios en DOG, BOP, Faro de Vigo, taboleiro de anuncios da casa do concello e notificación persoal ós propietarios e restantes interesados directamente afectados, coas seguintes particularidades:

a) Deberá preverse o acceso a pé á zona de cesión.

b) A urbanización e conservación da zona de uso público correrá por conta da propiedade.

Así mesmo, o devandito acordo sinala como área afectada pola suspensión de licencias de edificación, parcelación e demolición a abranguida polo seu ámbito, cos seguintes límites:

Norte: Avda. da Florida

Sur: Travesía de Manuel de Castro, 10

Leste: Avenida da Florida, 123

Oeste: Avda. da Florida, 127, e camiño interior

O prazo entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate dos quince días, contados desde o día seguinte ó do derradeiro anuncio.

O que se fai público para xeral coñecemento, significando que a documentación se atopa na oficina municipal de información para exame e alegacións.

Vigo, 5 de outubro de 1994.

Carlos A. González Príncipe

Alcalde