Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 986

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA PASTORIZA

EDICTO.

Exposición pública do proxecto de urbanización do parque empresarial da Pastoriza.

Aprobado inicialmente polo Pleno deste Concello, en sesión celebrada o día 3 de decembro de 1994, o proxecto de urbanización do parque empresarial da Pastoriza, redactado polo enxeñeiro de camiños Carlos Escudero Vigil, de conformidade co disposto no artigo 117-3º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, durante o cal poderá ser examinado na secretaría deste concello e formular ante esta alcaldía as alegacións que se consideren procedentes.

A Pastoriza, 16 de xaneiro de 1995.

José Yáñez García

Alcalde