Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 977

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE RIBEIRA

CÉDULA de citación (230/1994).

En cumprimento do acordado pola xuíza de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, Eva Mª Doval Lorente, no xuízo verbal de faltas 230/1994, que se segue neste xulgado por insultos e ameazas, co núm. 230/1994, cítase en legal forma a Mª del Carmen Olveira Muñiz, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 15 de febreiro, ás 9.30 horas, compareza perante a sala de audiencias deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndoa de que de non comparecer, recaerán sobre dela os prexuízos a que houber lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que intente valerse.

E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no DOG, expido a presente cédula en Ribeira o once de xaneiro de mil novocentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado