Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 976

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO de poxa (198/1994).

En virtude do acordado por Juan Manuel Regal Menéndez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Ins trucción número un de Padrón, en resolución desta data dictada no or. suma. hipo. art. 131 Lei hipotecaria nº 00198/1994, seguido neste xulgado por instancia do Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz, contra Miguel Ángel Álvarez de Toledo Saavedra e María Ángela López Ledo, en reclamación dun préstamo con garantía hipotecaria, sácase a poxa pública, por primeira vez, os predios seguintes:

«1.-Urbano, sito no lugar da Escravitude, parroquia de Cruces, concello de Padrón. Ten forma irregular alongada, e a súa superficie aproximada despois dunha recente medición é de 9.500 metros cadrados. Linda: norte, con camiño veciñal da Escravitude a Cruces, e camiño do Monte do Santuario; sur, con predio de Eduardo Otero e adro do santuario da Escravitude; leste, camiño do monte do santuario;

e oeste, camiño de Cruces, enclavado de Blanca Vidal Rey e campo de santuario. Todo el está cercado dun muro de cantería da súa propiedade, que nalgunhas zonas ten zócalo de formigón. Ten o acceso dende o campo do santuario á casa e xardín da mesma e ó resto do predio por dous portalóns situados, un no camiño de Cruces e outro no camiño do monte do santuario. Encol del existe unha casa de planta baixa, piso principal e planta baixo cuberta, ocupando cada unha das dúas primeiras 292 metros cadrados e séndolle anexa unha banqueta de granito no seu costado esquerdo por debaixo da que pasa un cano que conduce auga a un pozo que está situado diante da casa e adosado á súa fachada, do cal se serve soamente a casa que se describe; distribúese a planta baixa en vestíbulo, despacho, salón, comedor, cociña, oficio, lavadoiro, dormitorio e baño de servicio e aseo; a planta primeira en salón, catro dormitorios e distribuidores; e a planta baixo cuberta distribúese en cinco dependencias sen uso

determinado. Así mesmo, encol do predio existe un garaxe duns 50 metros cadrados con fachada de sete metros que dá ó camiño de Cruces. Inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón no tomo 521, libro 123, folio 115 vto., predio 1.329 duplicado.

2.-Piso baixo e parte principal do edificio, do que lle son anexos o xardín superior da casa, a adega posterior do edificio, o paso existente entre o xardín baixo da casa e a rúa da Hedra, e unha tendedoira que fai de tellado sobre a cociña e corredor deste predio. Ten unha superfcie construída aproximada de 450 metros cadrados e o seu acceso polo portal principal do edificio e polo portal de servicio. Perténcelle a este predio a zona da cociña, despensa, lavadoiro, habitación e baixo de servicio do piso principal, aínda que na actualidade non se realizou a división material distribúese en 18 dependencias, corredores, escaleiras e adegas. É dereito deste predio realizar un acceso directo dende o portal principal do edificio a través dunha alcoba que o comunicará co corredor actual da entrada e dereita do predio nº 1. Asígnaselle unha participación nos elementos e gastos comúns do 45%. Este predio está gravado cunha servidume de paso, en favor do predio núm. 1, polo paso existente

entre o xardín baixo da casa pertencente ó predio dominante, e a rúa da Hedra, e que se estende entre o edificio a que pertencen os dous predios e ó garaxe lindante da propiedade de Plácido Otero. O edificio matriz do que forma parte descríbese así: casa no termo da vila de Vilafranca do Bierzo na rúa da Hedra e tamén de Saavedra nº 10, que se compón de piso baixo, entrechán, principal e cuarto segundo, con adega, celeiro, corte, xardín con fonte e horta na súa traseira e todo iso cunha cabida de 867 metros e 35 decímetros cadrados. Linda: fronte ou sur, en lonxitude de 29 metros e 40 decímetros, coa rúa da Hedra ou Saavedra; traseira ou norte, horta de Jesús Témez e horta de Balbino Álvarez de Toledo. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Vilafranca do Bierzo no tomo 1.082, libro 79, folio 64, predio nº 9.858».

O remate terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sito na r/ Tetuán, s/n, desta cidade, o día nove de marzo, ás 10.30 horas, previndo os licitadores do seguinte:

Primeiro.-O tipo da poxa é: para o predio 1, de 75.594.000 pesetas, e para o predio 2 de 26.370.000

ptas., ámbolos dous fixados na escritura de préstamo, non admitíndose ofertas que non cubran a dita cantidade.

Segundo.-Para tomar parte na poxa deberán os licitadores consignar na conta deste xulgado número 157500018019894 do Banco Bilbao Vizcaya, o 20% da cantidade mencionada, requisito sen o que non serán admitidos.

Terceiro.-O remate poderase facer en calidade de o ceder a un terceiro.

Cuarto.-En tódalas poxas dende o anuncio ata a súa celebración, poderanse facer ofertas por escrito, en prego pechado, facendo o depósito ó que se fixo referencia con anterioridade.

Quinto.-Que os autos e certificacións a que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria, estarán de manifesto na secretaría deste Xulgado, e entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación aportada.

Sexto.-Que as cargas e demais gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade dos mesmos sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Se non houber licitadores na primeira poxa, sinálase para a segunda o día seis de abril ás 10.30 horas, para a que servirá de tipo o 75% da valoración, celebrándose a terceira poxa, se é o caso, o día catro de maio, ás 10.30 horas, sen suxeición a tipo.

Dado en Padrón o vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado