Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 976

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (11/1994).

Mª Asunción Campoy de la Torre, oficial en funcións de secretaria do Xulgado de Primeria Instancia e Instrucción número un de Padrón.

Fai saber: que no xuízo executivo nº 11/1994, promovido por Banco Pastor, S.A., representado polo procurador Sr. Victorino Regueiro Muñoz contra Anymar, S.L., Antonio Martínez Blanco e herdeiros descoñecidos e incertos de María Rodríguez González, en reclamación de 2.929.343 pcsetas, acordouse por providencia desta data citar de remate a dita parte demandada, Anymar, S.L., da que se descoñece o domicilio actual, para que no termo de nove días compareza en forma nos autos e se opoña se lle convén. De non comparecer en forma recaeralle o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

Dado en Padrón o trinta de decembro de mil novecentos noventa e catro.

A secretaria

Rubricado