Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 975

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1995 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioloxía celular, do departamento de Bioloxía Fundamental, a María del Pilar Molist García.

Consonte coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo de data 15 de decembro de 1993 (BOE do 21-1-1994), para a provisión dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de bioloxía celular, do departamento de Bioloxía Fundamental da Universidade de Vigo, a prol de María del Pilar Molist García, DNI nº 36.017.949, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María del Pilar Molist García profesora titular de universidade da área de coñecemento de bioloxía celular, do departamento de Bioloxía Fundamental desta Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 10 de xaneiro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo