Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 975

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1995 pola que se nomea profesora titular de universidade da área de coñecemento de toxicoloxía e lexislación sanitaria, do departamento de Química Analítica e Alimentaria, a María Anunciación Lafuente Giménez.

Consonte coa proposta elevada pola comisión constituída para xulga-lo concurso convocado por resolución da Universidade de Vigo de data 15 de decembro de 1993 (BOE do 21-1-1994), para a provisión

dunha praza de profesor titular de universidade da área de coñecemento de toxicoloxía e lexislación sanitaria, do departamento de Química Analítica e Alimentaria da Universidade de Vigo, a prol de María Anunciación Lafuente Giménez, DNl nº 17.709.593, e cumprindo a interesada os requisitos do apartado 2 do artigo 5º do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro,

Este rectorado, no uso das atribucións conferidas polo artigo 42 da Lei 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a María Anunciación Lafuente Giménez profesora titular de universidade da área de coñecemento de toxicoloxía e lexislación sanitaria, do departamento de Química Analítica e Alimentaria da Universidade de Vigo.

Este nomeamento producirá plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión pola interesada, que deberá efectuarse no prazo máximo de un mes, contado a partir do día seguinte da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderán os interesados, logo de comunicación a este rectorado, interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 2 meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Vigo, 10 de xaneiro de 1995.

José Antonio Rodríguez Vázquez

Rector da Universidade de Vigo