Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 974

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 1995 pola que se fai publica a designación da comisión que resolverá o concurso da praza 1.234/1994 de profesorado desta universidade.

En cumprimento do disposto no artigo 6.8 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.d. 1.427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designados os presidentes e vocais secretarios por esta universidade e celebrado o sorteo establecido no artigo 6.6 do dito real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidade os vocais correspondentes,

Este rectorado fai pública a composición das comisións que resolverán os concursos para a provisión de prazas de profesorado desta universidade, convocados por resolución da Universidade de Santiago de Compostela de data 15 de xuño de 1994 (BOE do 27 de xuño de 1994) e que son as que se relacionan como anexos a esta resolución.

As ditas comisións deberanse constituír nun prazo non superior a catro meses, que se contarán desde a publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade, no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte á súa publicación.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 1995.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: parasitoloxía.

Praza nº: 1.234/1994.

Comisión titular

Presidente: Manuel Luis Sanmartín Durán, catedrático de universidade. Universidade de Santiago de Compostela.

Vocal secretario: Ramón López Román, catedrático de universidade. Universidade da Laguna.

Vocal 1º: Diego Guevara Benítez, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Voal 2º: Antonio Martínez Fernández, catedrático de universidade. Universidade Complutense de Madrid.

Vocal 3º: Montserrat Portas Vinyeta, catedrática de universidade. Universidade de Barcelona.

Comisión suplente

Presidente: Santiago Hernández Rodríguez, catedrático de universidade. Universidade de Córdoba.

Vocal secretaria: Filomena Rodríguez Caabeiro, catedrática de universidade. Universidade de Alcalá de Henares.

Vocal 1º: José Manuel A. Úbeda Ontiveros, catedrático de universidade. Universidade de Sevilla.

Vocal 2º: Carlos Feliú Jose, catedrático de universidade. Universidade de Barcelona.

Vocal 3º: Ignacio Navarrete López-Cozar, catedrático de universidade. Universidade de Estremadura.