Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 968

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Eduardo González Alonso y Cía, S.A. e Gonzacoca Distribución, S.A.

Visto o texto do convenio colectivo de ámbito interprovincial da empresa Eduardo González Alonso y

Cía, S.A. e Gonzacoca Distribución, S.A. que se subscribiu coa data do 16 de decembro de 1994, entre a representación da empresa e o comité de empresa en representación dos traballadores, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2 e 3 da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1.040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

A Dirección Xeral de Relacións Laborais

ACORDA

Primeiro.-Ordena-la inscrición do devandito convenio colectivo no rexistro xeral de convenios desta dirección xeral.

Segundo.-Remiti-lo texto orixinal ó correspondente servicio deste centro directivo.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de xaneiro de 1995.

Juan Pedrosa Vicente

Director xeral de Relacións Laborais

Artigo 1: Ámbito territorial

O presente convenio será de aplicación ós centros de traballo da empresa Eduardo González Alonso y Cía, S.A. e Gonzacoca Distribución, S.A. e, por extensión, en calquera lugar onde o persoal das empresas realicen servicios por conta delas.

Artigo 2: Ámbito persoal

O convenio afectará á totalidade do cadro de persoal das empresas e dos centros de traballo aludidos no artigo anterior no momento da sinatura e a todo aquel que, con posterioridade, se incorpore a eles.

Artigo 3: Vixencia e duración

O presente convenio entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1994, sen prexuízo da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, e terá unha duración de un ano, expirando o 31 de decembro de 1994, que se prorrogará automaticamente por anualidades se non media denuncia das partes con tres meses, polo menos, do termo da súa vixencia. A dita denuncia deberase facer por escrito dirixido á outra parte afectada polo convenio.

Artigo 3 bis: Revisión salarial

Efectuarase revisión salarial de tódolos conceptos salariais, excepto a antigüidade, sempre e cando o IPC establecido polo Instituto Nacional de Estatística supere o 4% o 31-12-1994. A revisión dos salarios aplicarase polo exceso que supoña a citada porcentaxe e con efectos a partir do día primeiro do mes en que se produza ata o 31-12-1994.

Artigo 4: Compensación e absorción de melloras

As melloras que se establecen no presente convenio compensarán ou absorberán no que alcancen melloras que voluntariamente tivese establecidas a

empresa en cómputo anual, ou as que no futuro se poidesen establecer por disposición legal de carácter obrigatorio.

Artigo 5: Aplicación do convenio

Para a interpretación e mellor cumprimento das cláusulas deste convenio a para resolver tódalas posibles dúbidas que poidan derivarse da súa aplicación establecerase unha comisión paritaria composta por cinco membros da dirección da empresa e catro membros do comité de Eduardo González Alonso y Cía, S.A. e un de Gonzacoca Distribución, S.A. En caso de non logra-lo acordo no seo da comisión no prazo de 10 días, solicitarase consulta da autoridade laboral competente.

Artigo 6: Competencia

A organización práctica do traballo, con suxeición á lexislación laboral vixente, é facultade exclusiva da empresa.

Sen mingua da autoridade que corresponda á dirección da empresa ou ós seus representantes legais, os membros do comité de empresa terán funcións de asesoramento, orientación e proposta no relacionado coa organización e racionalización do traballo.

En todo o non previsto neste artigo, terase en conta o referenciado no artigo 64 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 7: Mobilidade xeográfica

Aplicarase o que establece o artigo 40 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 8: Clasificación do persoal segundo a función

O persoal que presta servicios nos centros de traballo da empresa Eduardo González Alonso y Cía, S.A. e Gonzacoca Distribución, S.A. clasificarase de acordo coas normas usualmente seguidas e, tendo en conta o xénero de traballo e as esixencias de idade e proceso formativo profesional que os ocupe, nos seguintes tipos:

Persoal técnico ou titulado e mandos.

Persoal mercantil.

Persoal administrativo.

Persoal non cualificado.

Artigo 9: Niveis de clasificación por categorías

Segue en vixencia a actual distribución do persoal por categorías e niveis profesionais.

A súa clasificación determínase no cadro nº 1.

Artigo 10: Liquidación mensual

A totalidade das retribucións do conxunto do persoal, sen distinción de empregos, categorías e niveis, será obxecto da correspondente liquidación por períodos mensuais, sendo realizado o seu aboamento a través de entidades bancarias. O día de cobro será o último día laborable de cada mes.

Artigo 11: Xornais e soldos básicos

Entenderase como soldo básico a suma dos actuais conceptos:

Soldo + complemento + incentivo

A súa contía determínase no cadro nº 2.

Artigo 12: Complementos salariais

Son complementos salariais en aplicación do Decreto 2.380/1973 os seguintes conceptos:

-Antigüidade.

-Axuda de locomoción.

-Plus de transporte.

-Incentivo ou prima de producción.

Artigo 13: Antigüidade

Para efectos de antigüidade, establécese por cuadrienios, sendo estes ilimitados e computándose desde o ingreso en alta no cadro de persoal da empresa.

O valor do cuadrienio será para tódalas categorías profesionais de 1.150 ptas. cada cuadrienio.

Artigo 14: Axuda de locomoción

A empresa aboaralles ós traballadores unha axuda de locomoción de 7.000 ptas. cada un dos doce meses do ano.

Artigo 15: Plus de transporte

O persoal que viñese percibindo este concepto no ano 1987 continuará percibíndoo durante a vixencia do presente convenio nos doce meses do ano polo importe de 2.010 ptas. ó mes.

Artigo 16: Incentivo de posto de traballo-prima de producción

A empresa, seguindo os principios xerais de organización do traballo, establece para o persoal uns incentivos con suficiente aliciente para a súa obtención e que os compense do esforzo realizado.

Artigo 17: Locomocións

Aquel persoal que efectúe desprazamentos con vehículos da súa propiedade por servicios da empresa percibirá unha compensación económica de 24 ptas. por km percorrido. A revisión deste valor realizarase segundo os aumentos dos custos xerais.

Artigo 18: Xornada de traballo

Para tódolos traballadores de Eduardo González Alonso y Cía, S.A. e Gonzacoca Distribución, S.A. a xornada será de 1.792 horas de traballo efectivo para o ano de 1994, distribuídas na forma establecida no calendario confeccionado conxuntamente pola dirección e o comité de empresa.

A todo o persoal que ata a data viñese realizando unha xornada de luns a venres de oito horas diarias, só lle poderá ser modificada durante a vixencia do presente convenio logo de negociación da comisión paritaria.

-Artigo 19: Horas extraordinarias

Durante a vixencia do presente convenio realizaranse o menor número de horas extras posibles, as cales serán apreciadas pola dirección, oído o

comité de empresa, logo de aceptación dos traballadores, salvo aquelas consideradas de forza maior segundo o estipulado no Estatuto dos traballadores.

Artigo 20: Valor da hora extraordinaria

Durante a vixencia do presente convenio o valor das horas extraordinarias nas distintas categorías-niveis é o reflectido no cadro nº 5.

Artigo 21: Pagas extraordinarias

O persoal afectado polo presente convenio manterá o seu dereito a percibir catro pagas extraordinarias de unha mensualidade cada unha delas, que se percibirán nos seguintes meses:

Febreiro-xullo-outubro-decembro.

As tres primeiras serán aboadas dentro da primeira quincena dos meses respectivos, en tanto que a de decembro será aboada antes do día 22. Aboaranse conforme o salario que por tódolos conceptos perciba o traballador, con excepción da axuda de locomoción e plus de transporte.

Os traballadores da empresa que estean a cumpri-las súas obrigas de servicio militar terán dereito á percepción íntegra das pagas regulamentarias de xullo e decembro, así como á proporción que lles corresponde das de febreiro e outubro.

Artigo 22: Vacacións anuais

As vacacións anuais serán de 22 días laborables.

Excepcionalmente por compensación da xornada anual do ano 1994, complementarase con un día máis, o cal se desfrutará entre os meses de outubro a decembro, logo de negociación cos mandos respectivos.

O seu desfrute será de común acordo entre a empresa e os traballadores, planificándose de tal forma que se procurará que se desfruten entre os meses de maio e setembro, ambos inclusive, e con carácter rotativo. O tempo mínimo de desfrute será de cinco días continuados, e a excepción a esta norma requirirá a autorización dos responsables dos traballadores.

Aqueles traballadores que por razóns de servicio non poidan desfruta-las vacacións nos meses antes indicados, percibirán unha indemnización económica de acordo co seguinte:

Meses de outubro a abril: 25.000 ptas.

Nota: Esta cifra aplicaráselles a aqueles ós que correspondan os 22 días completos, ou na proporción a estes días.

O calendario de vacacións establecerase durante o primeiro trimestre do ano e será exposto nos taboleiros de anuncios, debendo ser informado o traballador cun mínimo de dous meses ó comezo do período que lle corresponde.

Artigo 23: Licencias retribuídas

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderase ausentar do traballo con dereito a remuneración, nos seguintes supostos:

A) 16 días naturais en caso de casamento do traballador.

B) 3 días laborais en caso de nacemento de fillos.

C) 5 días naturais no suposto de falecemento do cónxuxe, pais ou fillos.

D) 2 días naturais en caso de falecemento de irmáns, netos, avós ou pais políticos.

E) 2 días naturais no suposto de enfermidade grave do cónxuxe, pais, fillos, avós, irmáns, netos e pais políticos. Deberase presentar xustificante médico que acredite a gravidade.

F) 1 día natural en caso de falecemento de tíos, sobriños, fillos políticos e irmáns políticos.

G) 1 día natural por traslado de domicilio habitual.

H) O tempo indispensable necesario para asistir a consulta médica, sempre que se xustifique debidamente.

Nota: No referido ó cónxuxe, terá o mesmo tratamento a persoa que conviva co traballador, tendo que certificar necesariamente tal convivencia.

Artigo 24: Cesamentos

O persoal que pola súa vontade desexe cesar na empresa deberallo comunicar con 15 días de anticipación á data do cesamento; en caso contrario incorrerá na penalización que prescribe a lexislación vixente.

Artigo 25: Vacantes

As vacantes serán comunicadas pola dirección da empresa no taboleiro de anuncios cun mínimo de 5 días de anticipación á data de cerramento de recepción de solicitudes. As persoas interesadas nas ditas vacantes deberano solicitar por mediación da oficina de persoal.

En igualdade de condicións daráselles preferencia ós traballadores da empresa, ós fillos ou familiares destes en orde de parentesco.

As probas que se efectúen estarán de acordo coa descrición do posto a cubrir e serán realizadas por unha empresa especializada, informando do resultado delas ó comité de empresa.

Os postos dos niveis 00 ó 10; 26 ó 31; 41; 79 ó 81, son de libre designación pola dirección.

Os fillos dos traballadores poderán optar a postos que por necesidades da empresa se produzan por interinidade.

Artigo 26: Excedencias

A empresa garantirá o reingreso do traballador en excedencia por un prazo máximo de 3 anos concertando un contrato de substitución para o efecto. Aplicarase o disposto no art. 46 do Estatuto dos traballadores e art. 9 da L.O.L.S.

O reingreso garantirase sempre que a mesma non sexa para realizar actividades noutra empresa.

No suposto de solicitar excedencia por enfermidade grave do cónxuxe ou fillos garántese o seu rein

tegro sen a perda de antigüidade sempre que o prazo non exceda de 1 ano.

Artigo 27: Xubilación

A empresa e traballadores poderán pactar, logo da existencia de común acordo por ámbalas partes, xubilacións anticipadas ós 64 anos, de conformidade co establecido no R.d. 1.194/1985, do 17-7-1985 (BOE 20-7-1985), debendo a empresa substituílos simultaneamente ó seu cesamento por xubilación, por outros traballadores nas condicións previstas no citado R d. A idade tope de permanencia en alta na empresa será de 65 anos pasando o traballador ó cumprir esta idade á xubilación.

As indemnizacións mínimas por xubilacións anticipadas dependendo da idade do traballador quedan como segue:

Ós 60 anos: 12 mensualidades.

Ós 61 anos: 10 mensualidades.

Ós 62 anos: 8 mensualidades.

Ós 63 anos: 6 mensualidades.

Ós 64 anos: 5 mensualidades.

Nota: Os meses a indemnizar serán motivo de pro rata en función da idade real que teña o traballador no momento en que formule a solicitude.

Artigo 28: Ascensos e revisión de categorías

Os cambios de categoría dos traballadores serán propostos á dirección da empresa a través dos mandos intermedios ou polo comité de empresa.

Artigo 29: Promoción e formación profesional

Aplicarase o disposto no art. 22 do Estatuto dos traballadores.

A dirección da empresa poderá solicitarlles ós traballadores os xustificantes oportunos de asistencia expedidos polos centros escolares.

Artigo 30: Seguridade e hixiene

Considérase que a seguridade no traballo é un dos obxectivos prioritarios da empresa. En consecuencia, potenciarase todo o posible o funcionamento dos sistemas que tendan a diminuí-los riscos.

O comité de seguridade e hixiene no traballo constituirase segundo o estipulado na Ordenanza xeral de seguridade e hixiene, e terá as competencias que se sinalan na lexislación vixente.

A empresa solicitará dos organismos correspondentes o cumprimento do recoñecemento médico anual para todo o persoal que o solicite mediante acordo establecido a través do comité de seguridade e hixiene.

Anualmente a empresa entregará como mínimo a seguinte roupa de traballo:

Persoal obreiro: 2 fundas (xaneiro).

Persoal empregado: 2 fundas ou roupa similar cando o traballo persoal así o esixa (xaneiro).

O uso da roupa de traballo facilitada pola empresa é obrigatoria durante toda a xornada, por todo o persoal ó que se lle asignase.

Artigo 31: Seguro de vida

Establecese un seguro colectivo de vida coa compañía de seguros G.E.S. para tódolos traballadores en alta na empresa na data de entrada en vigor deste convenio, ou ós que no sucesivo se incorporen a ela, quedando amparados por el ata a idade de 65 anos, na que se causará baixa. Os capitais asegurados serán os seguintes:

O custo que corresponda satisfacer por este seguro será sufragado nun 75% con cargo á empresa, e o 25% restante será con cargo ós traballadores a partes iguais, sendo deducido este importe das nóminas.

Artigo 32: Axuda por defunción

Ó falecemento dun traballador das empresas Eduardo González Alonso y Cía, S.A. e Gonzacoca Distribución, S.A., os familiares percibirán o importe de tres mensualidades brutas iguais á última que o traballador percibise, ademais dos emolumentos que ó traballador lle correspondesen polo traballo realizado ata o seu falecemento.

Os gastos ocasionados por esquela do traballador falecido serán sufragados pola dirección da empresa e agrupación de traballadores de Gonzacoca.

Os gastos por coroas (a familiares directos: esposa, fillos, pais) serán custeados ó 50% pola empresa e agrupación de traballadores de Gonzacoca.

Artigo 33: Axuda escolar

Créase un fondo destinado a axudas por estudios daqueles traballadores que desexen amplialos e sempre que estean en relación directa coa actividade da empresa, debendo cursa-los traballadores interesados solicitude entre os meses de setembro e outubro, dirixida ó departamento de persoal ou ó comité de empresa. A comisión paritaria do convenio estudiará as solicitudes recibidas emitindo informe sobre elas.

A contía desta axuda para a vixencia do presente convenio será de 300.000 ptas.

O traballador que o solicite aportará un mínimo dun 30% segundo solicitudes.

A decisión da comisión paritaria será inapelable.

Artigo 34: Plus de nocturnidade

Este plus consistirá no 25% sobre tódolos conceptos salariais e na P/P dos días e horas traballados

na xornada comprendida entre as 22 horas e as 6 horas do día seguinte.

Artigo 35: Venda de recambios e artigos de servicio

Á venda de recambios e todos aqueles artigos que os traballadores adquiran para o seu uso persoal aplicaráselle a seguinte tarifa:

-Compras a crédito: tarifa maior.

-Compras de contado: 10% dto. s/tarifa maior.

-Facturación man de obra: 20% dto. s/tarifa clientes.

Estas compras, de non seren satisfeitas de contado, serán deducidas da nómina posterior ós 60 días da data da factura.

Todo caso de mala fe, abuso ou comercio indebido por parte dos traballadores suporá a perda total deste beneficio para o traballador que a infrinxa.

Ó persoal que adquira para o seu servicio automóbiles, tractores, embarcacións, motores, etc., seralle deducido un 50% da comisión que aporte á venda do dito artigo á empresa.

En vehículos usados, a venda será realizada polo mesmo importe que foi aboado, máis os gastos da súa reparación ou revisión.

Na venda aprazada cargaranse unicamente os gastos bancarios.

Os vendedores ou similares que adquiran vehículos comercializados pola empresa quedarán exentos dos gastos financeiros ata unha contía máxima do importe aprazado de 750.000 ptas., con amortización en 3 anos.

Artigo 36: Percepción de salarios durante a ILT (baixa)

Durante o tempo de permanencia en situación de incapacidade laboral transitoria derivada de enfermidade ou accidente, todo traballador quedará amparado polas percepcións que se establecen para a súa categoría-nivel.

Artigo 37: Dereitos sindicais

Aplicarase o disposto no Estatuto dos traballadores ou posterior disposición que o modifique.

Artigo 38: Disposicións derradeiras

En todo o non expresamente previsto no presente convenio, aceptarase o disposto na Ordenanza laboral do comercio e Estatuto dos traballadores.

Artigo 39. Categorías por claves - Cadro núm. 1.

As distintas claves por categorías quedan como segue: