Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 968

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 3 de xaneiro de 1995 pola que se especifica o procedemento de xestión das axudas para a creación, renovación, modernización e innovación tecnolóxica das empresas de manipulación, transformación, conservación e tratamento dos productos da pesca, do marisqueo e da acuicultura.

Advertidos erros no texto da devandita orde, publicada no DOG nº 12, do 18 de xaneiro de 1995, cómpre face-las oportunas rectificacións:

-Na páxina 592, artigo 5º, no parágrafo 1º, onde di: «e presentaranse no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura», debe dicir: «e presentaranse no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou no de calquera das súas delegacións territoriais ou comarcais».

-Na páxina 593, artigo 10º, no parágrafo 1º, onde di: «de igual modo que o establecido no artigo 4º desta orde», debe dicir: «de igual modo que o establecido no artigo 5º desta orde».