Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 968

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 23/1995, do 20 de xaneiro, polo que se resolve o concurso para a concesión administrativa da construcción, conservación e explotación das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor.

No Boletín Oficial del Estado de data 14 de outubro de 1994, no Diario Oficial das Comunidades Europeas de data 14 de outubro de 1994 e no Diario Oficial de Galicia de data 20 de outubro de 1994 publicouse a resolución da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda pola que se convoca concurso para a adxudicación da concesión administraitva da construcción, conservación e explotación das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor.

Con data do 19 de decembro de 1994 a mesa de contratación procedeu ó acto de apertura das ofertas de acordo co previsto na base 7ª do prego de bases.

En cumprimento da base 8ª do mencionado prego, a comisión constituída para o estudio das proposicións, na súa reunión do día 19 de xaneiro de 1995, elévalle ó órgano de contratación a proposta de adxudicación.

En virtude de todo o exposto e en aplicación da cláusula 12 do prego de cláusulas xerais para a construcción, conservación e explotación de autopistas de peaxe, aprobado polo Decreto 215/1973, do 25 de xaneiro, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, logo de deli

beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.-Adxudicarlle a concesión administrativa da construcción, conservación e explotación das autoestradas A Coruña-Carballo e Puxeiros-Val Miñor á Empresa Nacional de Autopistas, Sociedad Anónima (Enausa) na proposición denominada Enausa-2.

Santiago de Compostela, vinte de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda