Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Mércores, 01 de febreiro de 1995 Páx. 977

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (55/1991).

Salvador P. Sanz Crego, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se seguen autos de procedemento de xuízo executivo baixo o número 55/1991, por instancia da Caixa de Aforros Provincial de Ourense, representada pola procuradora Sra. Sánchez Silva, contra Luis Sanjosé Mosquera e Manuela Iglesias Liñares, con domicilio na Corredoría da Campsa, núm. 1-62, Santiago de Compostela, nos cales se acordou sacar a poxa pública, por termo de vinte días, os bens que logo se dirán, coas seguintes condicións:

Primeira.-Sinalouse para que teña lugar o remate en primeira poxa o próximo día 22 de marzo, ás 11 horas, na sala de audiencia desta xulgado, polo tipo de 6.447.000 pesetas.

Segunda.-Para o suposto de resultar deserta a primeira, sinalouse para a segunda poxa o próximo 19 de abril, ás 11 horas, na sala de audiencia deste xulgado coa rebaixa do 25 por cento do tipo da primeira.

Terceira.-De resultar deserta a segunda, sinalouse para a terceira poxa o próximo día 15 de maio, ás 11 horas, na sala de audiencia desta xulgado, sen suxeición a tipo.

Cuarta.-Nas poxas primeira e segunda non se admitirán ofertas que non cubran o tipo correspondente.

Quinta.-Para poder tomar parte en calquera das tres poxas tódolos licitadores -a excepción do acredor demandante- deberán consignar previamente o vinte por cento do tipo para seren admitidos á licitación, calculándose esta cantidade na terceira poxa respecto do tipo da segunda, suma que deberá consignarse na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao Vizcaya, S.A., oficina principal desta cidade, debendo facilita-lo número do expediente ou procedemento seguinte: 1584/17/0055/91, presentando o resgardo de ingreso.

Sexta.-Os títulos de propiedade dos inmobles poxados atópanse suplidos polas correspondentes certificacións rexistrais, que constan nos autos, de manifesto na secretaría do xulgado, para que poidan examinalos os que desexen tomar parte na poxa, entendéndose que todo licitador os acepta como bastantes, sen que poida esixirse ningún outro, e que as cargas e gravames anteriores, e os preferentes, se os houber, ó crédito do actor, continuarán subsistentes e sen cancelar, entendéndose que o adxudicatario os acepta e queda subrogado na necesidade de satisfacelos, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Sétima.-Poderanse facer ofertas en prego pechado.

Oitava.-No caso de ter que suspenderse calquera das tres poxas, trasládase a súa celebración á mesma hora do día seguinte hábil dentro da semana en que estea sinalada a poxa suspendida.

Novena.-Devolveranse as consignacións efectuadas polos participantes na poxa, salvo a que corresponda ó mellor postor, que se reservará en depósito como garantía do cumprimento da obriga, e se é o caso como parte do prezo da venda.

Décima.-Se o pide o acredor, ata o mesmo momento da celebración da poxa, tamén poderán reservarse en depósito as consignacións dos participantes que así o acepten e que cubrisen coas súas ofertas os prezos da poxa, por ser o primeiro adxudicatario non cumprise coa súa obriga e desexasen aproveita-lo remate os outros postores e sempre pola orde delas.

Décimo primeira.-O sinalamento do lugar, día e hora para o remate notificaráselle ó debedor, no inmoble ou inmobles poxados, e se é o caso, a publicación deste edicto serve como notificación dos sinalamentos.

Bens obxecto de poxa:

Vivenda situada na planta primeira, porta dereita, do número 62 da Corredoira da Campsa desta cidade, valorada en 6.447.000 pesetas.

Dado en Santiago de Compostela o vintedous de decembro de mil novecentos noventa e catro.

Rubricado