Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 1995 Páx. 958

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

EDICTO (121/1991).

No Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Negreira tramítase expediente de prevención de ab intestato baixo o número 121/1991, no cal se acordou anuncia-la morte sen testar de Mercedes Suárez Tuñas, filla de Cipriano e de Manuela, natural de Negreira (A Coruña), falecida nesta localidade o día 9 de abril de 1991, sen outorgar testamento, polo que de conformidade co art. 984 da Lei de axuizamento civil chámase a toda persoa que se crea con dereito á herdanza do causante, para que compareza perante este xulgado, a reclamalo dentro do termo de trinta días.

O que se publica para os fins e para os efectos acordados.

Dado en Negreira, 28 de xaneiro de 1994.

O secretario

Rubricado