Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 1995 Páx. 915

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 23 de xaneiro de 1995 pola que se fai público o cadro de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño para o curso 1995-96.

A base segunda da Orde do 6 de outubro de 1994 (DOG do 17), pola que se convocaba concurso de traslados entre profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño e mestres de taller de artes plásticas e deseño determinaba que se convocaban as vacantes existentes no momento da convocatoria, as que se producisen ata o 31 de decembro de 1994 e que se incluirán aquelas vacantes que se orixinen como consecuencia das xubilacións forzosas que se produzan no curso 1994-95, todas elas sempre que se correspondan con prazas das que o seu funcionamento estea previsto na planificación xeral educativa.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Publicar nos anexos I, II, III, IV, V, VI e VII desta orde os cadros de profesorado para o curso 1995-96 en cada centro de bacharelato, de educación secundaria e profesional, de educación secundaria, de formación profesional, escola oficial de idiomas, conservatorios de música e escola de artes aplicadas e oficios artísticos.

Segundo.-Tódalas vacantes que figuran nos anexos poderán ser obxecto de concurso de traslados, conforme o disposto na orde de convocatoria.

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria