Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Martes, 31 de xaneiro de 1995 Páx. 958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados pola execución do proxecto de liña a 15/20 kV ó C.T. Vilar-Santa Cristina, concello de Vilaboa, a favor da empresa Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. (Expediente número 27/1991 A.T).

En cumprimento do ordenado no artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, en relación co nº 6 do artigo 31 do regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2.619/1966, do 20 de outubro, faise saber, en resumo, a tódolos interesados afectados pola execución do proxecto de referencia, do que a urxente ocupación foi outorgada polo Decreto 356/1994, do 2-12-94, DOG nº 240, do 15-12-94, que o día 17-2-95, a partir das 11 horas, dará comezo ó levantamento sobre o terreo o representante da Administración das actas previas á ocupación, correspondentes ós predios situados no Concello de Vilaboa, sinalados cos números que en folla adxunta se detallan, previndo os ditos interesados na respectiva notificación individual de que, mediante cédula, se lles practicará coa debida anticipación legal, o día e hora en que para cada un terá lugar a dita dilixencia, e prevíndoos tamén de que nos ditos actos

poderán facerse acompañar dos seus peritos ou dun notario, pola súa conta, se así o considerasen conveniente.

A relación será fixada no taboleiro de anuncios do concello e nos desta delegación

Vigo, 2 de xaneiro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra