Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 890

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (482/1994).

En cumprimento do acordado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, no xuízo de faltas número 482/1994 tramitado por lesións en agresión, cítase en forma a Adela Bouza Manivesa, en calidade de denunciada, en paradoiro descoñecido, para que o día un de marzo, ás dez cincuenta horas, compareza perante a sala de audiencia do Xulgado de Instrucción número tres desta cidade, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que, de non comparecer, se aplicarán os prexuízos ós que haxa lugar en dereito e deberá ir provisto das probas de que intente valerse.

En Santiago de Compostela o doce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado