En cumprimento do acordado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, en resolución dictada no xuízo de faltas número 225/1994 tramitado por furto, cítase en forma a Jesús Canicoba Francos, en calidade de denunciado, en paradoiro descoñecido, para que o día un de marzo, ás dez corenta horas, compareza perante a sala de audiencia do Xulgado de Instrucción número tres desta cidade, co fin de asistir á celebración do correspondente xuízo, coa advertencia de que, de non comparecer, se aplicarán os prexuízos ós que haxa lugar en dereito e deberá ir provisto das probas de que intente valerse.
En Santiago de Compostela o doce de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.
O secretario
Rubricado