Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 889

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1995 pola que se fai pública a designación da comisión que resolverá o concurso para a provisión da praza 94/027 de corpos docentes universitarios convocado por esta universidade.

En cumprimento do disposto no art. 6.8 do Real decreto 1.888/1984, do 26 de setembro, modificado polo R.d. 1.427/1986, do 13 de xuño, e unha vez designado o presidente e vocal secretario por esta universidade e celebrados os oportunos sorteos establecidos no artigo 6.6 do mencionado real decreto, mediante o que foron designados polo Consello de Universidades os vocais correspondentes.

Este rectorado fai pública a composición da comisión que ha de resolve-lo concurso para a provisión da praza de profesorado desta universidade núm. 94/027, convocada por Resolución do 1 de xuño de 1994 (BOE do 29 de xuño), comisión que se relaciona como anexo a esta resolución.

A citada comisión deberá constituírse nun prazo non superior a catro meses, contados a partir da publicación da presente resolución no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución os interesados poderán presentar reclamación perante o rector da universidade no prazo de quince días hábiles a partir do seguinte ó da súa publicación.

A Coruña, 9 de xaneiro de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

Praza de: catedrático de universidade.

Área de coñecemento: enxeñería mecánica.

Praza nº: 94/027

Comisión titular:

Presidente: Bautista Paz, Emilio; catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretaria: Lafont Morgado, Pilar; catedrática de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Vocais: Calero Pérez, Roque; catedrático de universidade. Universidade das Palmas de Gran Canaria.

Khamashta Shahin, Munir Andrawes; catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Cataluña.

Sánchez y Pérez, Ángel María; catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Comisión suplente:

Presidente: Aparicio Izquierdo, Francisco; catedrático de universidade. Universidade Politécnica de Madrid.

Secretario: Castany Valeri, Francisco Javier; catedrático de universidade. Universidade de Zaragoza.

Vocais: Lara Feria, Antonio; catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Montoya Moreno, Felipe; catedrático de universidade. Universidade de Valladolid.

Avilés González, Rafael; catedrático de universidade. Universidade Autónoma do País Vasco.