Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 889

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 12 de xaneiro de 1995 pola que se fai pública a composición da comisión de selección que xulgará o concurso de méritos para a provisión de postos de función inspectora educativa entre funcionarios de corpos docentes.

Por Orde do 10 de outubro de 1994 (DOG do 27) convocouse concurso de méritos para a provisión de postos de función inspectora educativa entre funcionarios de corpos docentes.

Realizado o día 12 de decembro de 1994 o sorteo público previsto no apartado 5.1 da orde de convocatoria, procede facer pública a composición da comisión seleccionadora, polo que esta consellería dispón:

Artigo único.-A comisión de selección que xulgará o concurso de méritos para a provisión de postos de función inspectora educativa entre funcionarios de corpos docentes, convocado por Orde do 10 de outubro de 1994 (DOG do 27), estará integrada por:

Presidente: Gerardo Muñoz Sánchez-Brunete.

Vocais:

Emilio Pérez Sánchez

Clara Rosa Álvarez Fernández

Pablo Fernández Álvarez

Emilio Fernández Figueroa

Agustín Dosil Maceira

Luis Framil Álvarez

Secretario: Augusto Bruyel Pérez

Santiago de Compostela, 12 de xaneiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria