Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución das instalacións eléctricas que se citan. (Expedientes números 52.841, 52.842, 52.843 e 52.844).

Vistos os expedientes incoados pola empresa Electra de Santa Comba, con enderezo na Avda. Antonio Tomé nº 130, Santa Comba, para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Expediente 52.841: rede de baixa tensión, a 380/220 voltios, de 2.263 m de lonxitude, en conductor RZ que sae do C.T. Busto, concello de Santa Comba.

Expediente 52.842: rede de baixa tensión, a 380/220 voltios, de 1.800 m de lonxitude, en conductor RZ que alimenta os lugares de Ser e Ermida e saen do C.T. de Ser, concello de Santa Comba.

Expediente 52.843: rede de baixa tensión, a 380/220 voltios, de 990 m de lonxitude, en conductor RZ que sae do C.T. Alón, concello de Santa Comba.

Expediente 52.844: rede de baixa tensión, a 380/220 voltios, de A Arousa e Espasandín, de 603 m de lonxitude, en conductor RZ que saen do C.T. Espasandín, concello de Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 30 de novembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña