Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se anuncia a exposición pública das listas provisionais das axudas aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás continxencias de fillos menores, estudios por fillo e estudios do traballador da acción social do ano 1994, para o persoal ó servicio da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido no punto dous das normas de procedemento do acordo subscrito en Santiago de Compostela o 21-10-1994 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación de Funcionarios e do Comité Intercentros do Persoal Laboral, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o 27 de outubro de 1994 e publicado por Resolución do 31 de outubro de 1994, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (DOG nº 213, do 4-11-1994), deben publicarse as listas provisionais das axudas da acción social do ano 1994.

De conformidade con isto, esta dirección xeral,

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes aprobadas e denegadas das prestacións correspondentes ás continxencias de fillos menores, estudios por fillo e estudios do traballador da acción social do ano 1994, que están expostas no taboleiro de anuncios de tódalas consellerías, así como nas delegacións provinciais e relativas ó seu persoal.

Segundo.-Os solicitantes das axudas de «estudios do traballador» e «estudios por fillo» de ámbito universitario, que figuren nas listas coa clave de exclusión «12-exención-subvención de matrícula», deberán presentar ante esta dirección xeral, documentación acreditativa de ter aboado a matrícula do curso 94-95 antes do 30-9-1995 co fin de poder eleva-la correspondente proposta de aprobación da axuda con cargo ó fondo de acción social do ano 1995.

Terceiro.-Poderase presentar escrito e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de dez días hábiles a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, nas delegacións provinciais das distintas consellerías e nas oficinas de correos, segundo establece o artigo 38 da mencionada Lei 30/1992, do 26 de novembro, e dirixiranse ó director xeral da Función Pública da Consellería da Presidencia e Administración Pública (edificios administrativos de San Caetano), Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública