Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 888

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 9/1994).

Visto o expediente incoado pola empresa Electra de Santa Comba, con enderezo na Avda. Antonio Tomé Taboada nº 130, Santa Comba (A Coruña), para a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación que segue:

Centro de transformación en soto de edificio vivendas, en r/ Xosé Ferrero, Santa Comba, de 250 kVA, a 15/20 kV, e cunha r.d.t. de 15/20/0,380-0,220 kV. Santa Comba.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características axustaranse en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 1 de decembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña