Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 884

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de novembro de 1994 pola que se modifica a denominación de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Visto o acordo do Pleno da Deputación Provincial de Pontevedra, celebrado o 28 de outubro de 1994, relativo á modificación da denominación dos postos de traballo de adxunto a secretaría e adxunto a intervención,

Esta consellería, de conformidade co establecido nos artigos 2 e 9 do R.d. 1.732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades que lle confire o Decreto 216/1994, do 7 de xullo,

DISPÓN:

Modifica-la denominación dos postos de adxunto a secretaría e adxunto a intervención que pasarán a denominarse vicesecretaría e viceintervención, respectivamente.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 1994.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública