Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 884

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CORRECCIÓN de erros.-Decreto 391/1994, do 14 de outubro, polo que se regula a estructura orgánica funcional do Instituto Galego de Estatística.

Advertidos erros na publicación do Decreto 391/1994, do 14 de outubro, polo que se regula a estructura orgánica funcional do Instituto Galego de Estatística (DOG nº 3, do 4 de xaneiro de 1995), cómpre, face-las seguintes correccións:

-No art. 4 apartado 8º, onde di: «A admisión dos bens patrimoniais do IGE», debe dicir: «A administración dos bens patrimoniais do IGE».

-No art. 5 apartado 2.2.d. onde di: «A participación na formación de directores ou marcos de mostraxe relativos a vivenda e fogares», debe dicir: «A participación na formación de directorios ou marcos de mostraxe relativos a vivendas e fogares».