Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Luns, 30 de xaneiro de 1995 Páx. 884

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de xaneiro de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifican as listas para a cobertura con carácter temporal dos postos correspondentes a persoal laboral das categorías 2, 5, 6 e 17 do grupo II da Xunta de Galicia.

Esta consellería dictou resolucións polas que se estiman recursos interpostos contra o acordo do 5 de agosto de 1994, da Comisión Permanente de Selección de Persoal para a cobertura de postos de traballo reservados a persoal laboral das categorías 2, 5, 6 e 17 do grupo II, de conformidade co contido do apartado terceiro dos acordos do 26 de maio e 3, 22 e 28 de xuño da dita comisión.

Dado que o carácter das resolucións é estimatorio das peticións dos interesados, procede darlle a debida publicidade á modificación provocada nas listas aprobadas polo devandito acordo, no sentido de figurar:

Na categoría 2 do grupo II:-María Ángeles Rodríguez Basanta

DNI nº 76.572.472

No posto nº 264 para o ámbito territorial da Coruña.

Na categoría 5 do grupo II:-María del Mar Montes Doel

DNI nº 33.844.559

No posto nº 104 para o ámbito territorial da Coruña.

Na categoría 6 do grupo II:

Blanca Rosa Vázquez Corral

DNI nº 16.272.138

No posto nº 6 para o ámbito territorial da Coruña.-María Begoña Pardo Canosa

DNI nº 34.887.679

No posto nº 121 para o ámbito territorial da Coruña.

Na categoría 17 do grupo II:-María Inés Raposo Rivas

DNI nº 33.325.067

No posto nº 13 para o ámbito territorial de Lugo.-Adelaida Abad Isla

DNI nº 13.745.545

No posto nº 7 para o ámbito territorial da Coruña.

En consecuencia, varíase correlativamente a orde de prelación dos solicitantes posteriores na lista correspondente.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública