Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 1995 Páx. 876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 28 de decembro de 1994, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública do proxecto de instalación dun parque eólico nos concellos de Abadín, Alfoz e Mondoñedo (Expediente 4.242-A.T.).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dun proxecto de instalación do parque eólico coas seguintes características:

Peticionario: Energía Eólica de Galicia, S.A. (EEG). Paseo de la Castellana, nº 43, 28046 Madrid.

Situación: Concellos de Abadín, Alfoz e Mondoñedo.

Características principais:

Número de aeroxeradores: 166.

Potencia unitaria: 362 kW.

Potencia instalada: 60 MW.

Altura torres: 24-36,6 metros.

Diámetro pas: 33 metros.

Producción anual estimada: 182.746 MW/h.

Orzamento: 7.992.115.140 pesetas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárense ó mesmo tempo as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Lugo, 28 de decembro de 1994.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo