Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, e no artigo 10 do Decreto 2.619/1966, ámbolos dous do 20 de outubro, sométese a infor
mación pública a petición de autorización e declaración de utilidade pública dun proxecto de instalación do parque eólico coas seguintes características:
Peticionario: Energía Eólica de Galicia, S.A. (EEG). Paseo de la Castellana, nº 43, 28046 Madrid.
Situación: Concellos de Muras, Ourol e O Valadouro.
Características principais:
Número de aeroxeradores: 206.
Potencia unitaria: 362 kW.
Potencia instalada: 74,57 MW.
Altura torres: 24-36,6 metros.
Diámetro pas: 33 metros.
Producción anual calculada: 226.781 MW/h.
Orzamento: 9.917.926.017 pesetas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nesta delegación provincial, rúa Pascual Veiga, 12-14, e formulárense ó mesmo tempo as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días, a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Lugo, 28 de decembro de 1994.
Jesús Bendaña Suárez
Delegado provincial de Lugo