Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Venres, 27 de xaneiro de 1995 Páx. 876

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa con admisión previa das obras de pavimentación de camiños nas parroquias de Vilamaior e Barbeiros (concello de Ordes, A Coruña), e catro máis.

A Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes resolveu convoca-la seguinte licitación polo sistema de poxa con admisión previa:

Obxecto: contratación da execución das obras que figuran na relación adxunta, de acordo cos proxectos e pregos aprobados para isto. O orzamento, prazo de execución das obras e clasificación dos contratistas serán os que, así mesmo, se sinalan na relación.

Fianza provisional: exenta.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Exposición do proxecto e pregos: o proxecto, así como o prego de cláusulas administrativas particulares, estarán á disposición dos licitadores para o seu exame durante o prazo de presentación de proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Estructuras e Desenvolvemento Rural da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Modelo de proposición: a proposición económica formularase estrictamente conforme o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

Presentación e apertura de proposicións: as proposicións serán entregadas no Rexistro Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das vías admitidas polo artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado, antes das 14 horas do día 27 de febreiro de 1995.

A apertura de proposicións terá lugar o día 3 de marzo de 1995, ás 12 horas, nas oficinas da Secretaría Xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes (San Caetano, Santiago de Compostela).

Gastos de publicación: serán por conta dos adxudicatarios.

1.-Pavimentación de camiños nas parroquias de Vilamaior e Barbeiros (concello de Ordes, A Coruña): X-2.495 (nº 140).

Orzamento: 58.914.268 ptas.

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

2.-Acondicionamento de camiños en Labio (Lugo): X-3.276 (nº 141).

Orzamento: 32.453.707 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

3.-Acondicionamento asfáltico de camiños en Cospeito (Lugo). X-3.290 (nº 142).

Orzamento: 127.255.125 ptas.

Prazo de execución: 20 meses.

Clasificación: categoría D, grupo G, subgrupo 6.

4.-Acondicionamento de accesos de núcleos rurais na Fonsagrada (Lugo): X-3.250 (nº 143).

Orzamento: 23.800.184 ptas.

Prazo de execución: 6 meses.

Clasificación: categoría C, grupo G, subgrupo 6.

5.-Camiño Partovia-Varille (concello do Carballiño, Ourense): X-3.283 (nº 144).

Orzamento: 12.013.393 ptas.

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: non é necesaria.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 1995.

Antonio L. Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura,

Gandería e Montes