Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 847

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 30 de decembro de 1994, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a adquisición de vacinas con destino ó programa de vacinación da poboación galega polo procedemento de concurso público e tramitación anticipada do expediente de gasto.

1.-Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.

2.-Modalidade de adxudicación: concurso público con posibilidade de licitar pola totalidade ou por lotes.

3.-a) Lugar de entrega da subministración: ver prego de prescricións técnicas.

b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse: vacinas con destino ó programa de vacinación da poboación galega. Cantidade, ver prego de prescricións técnicas.

-Orzamento total: trescentos setenta e sete millóns duascentas setenta e tres mil pesetas (377.273.000 ptas.), IVE engadido.

c) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: ver prego de prescripcións técnicas.

4.-Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de prescricións técnicas.

5.-a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Dirección Xeral de Saúde Pública, Subdirección Xeral de Promoción da Saúde; Avenida do Camiño Francés nº 10 baixo; teléfono 54 29 59, fax 54 29 70, Santiago de Compotela.

b) Data límite para efectuar esta solicitude: 17-2-95.

6.-a) Data límite de recepción das ofertas: 24-2-95.

b) Enderezo ó que deben dirixirse: referencia punto 1.

c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.

7.-a) Persoas admitidas a asistirá apertura das ofertas: apertura en acto público.

b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ás 10 horas do 7-3-95.

8.-Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional 2% do orzamento. Fianza definitiva 4% do importe de licitación (artigo 350 do RXCE) ou, se é o caso, 4% do importe de adxudicación (artigo 351 do RXCE), ver prego de cláusulas administrativas particulares punto 12.2.

9.-Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ás textos que as regulan: aboar en conta.

10.-Forma xurídica que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.

11.-Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

12.-Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.

13.-Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver pregos de cláusulas administrativas punto 10.

14.-Outras informacións: o enderezo e servicio indicados no punto 5.

15.-Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 13-1-95.

16.-Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1994.

P.A.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Subdirector xeral de Orzamentos e Xestión

Económica