1.-Nome e enderezo do servicio: Servicio Galego de Saúde, Dirección Xeral de Recursos Económicos, Subdirección Xeral de Orzamentos e Xestión Económica, edificio administrativo San Caetano, bloque 2-2º, teléfono 54 54 00; fax 54 27 62, Santiago de Compostela.
2.-Modalidade de adxudicación: concurso público con posibilidade de licitar pola totalidade ou por lotes.
3.-a) Lugar de entrega da subministración: ver prego de prescricións técnicas.
b) Natureza e cantidade dos productos que deban subministrarse: 3 unidades móbiles para a extensión do Programa Galego de Detección Precoz do Cancro de Mama. Cantidade ver prego de prescricións técnicas.
-Orzamento total: noventa e oito millóns de pesetas (98.000.000 de ptas.) IVE engadido.
e) Indicacións relativas á posibilidade de que os subministradores liciten por partes ou polo conxunto das subministracións requiridas: ver prego de cláusulas administrativas particulares punto 2.
4.-Prazo de entrega eventualmente imposto: ver prego de prescricións técnicas.
5 a) Nome e enderezo do servicio ó que poden solicitarse os documentos pertinentes: Dirección Xeral de Saúde Pública, Subdirección Xeral de Promoción da Saúde; Avenida do Camiño Francés nº 10 baixo; teléfono 54 29 59, fax 54 29 70. Santiago de Compostela.
b) Data límite para efectuar esta solicitude: 17-2-95.
6.-a) Data límite de recepción das ofertas: 24-2-95.
b) Enderezo ó que deben dirixirse: referencia punto 1.
c) Lingua ou linguas nas que deban redactarse: castelán ou galego.
7.-a) Persoas admitidas a asistirá apertura das ofertas: apertura en acto público.
b) Data, hora e lugar da dita apertura: sala de xuntas da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais ás 10 horas do 7-3-95.
8.-Fianzas e garantías esixidas: fianza provisional 2% do orzamento (1.960.000 ptas.). Fianza definitiva 4% do importe de licitación (artigo 350 do RXCE) ou, se é o caso, 4% do importe de adxudicación (artigo 351 do RXCE), ver prego de cláusulas administrativas particulares punto 12.2.
9.-Modalidades esenciais do financiamento e pagamento ou referencias ós textos que as regulan: aboar en conta.
10.-Forma xurídica, que deberá adopta-la agrupación de provedores: unión temporal de empresas.
11.-Informacións e formalidades necesarias para a avaliación das condicións mínimas de carácter económico e técnico que deberá reuni-lo provedor: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
12.-Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres meses desde a data de apertura das proposicións económicas.
13.-Criterios que se seguirán para adxudica-lo contrato: ver pregos de cláusulas administrativas punto 10.
14.-Outras informacións: o enderezo e servicio indicados no punto 5.
15.-Data de envío do anuncio á Oficina das Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 13-1-95.
16.-Anuncios: o importe do anuncio da presente resolución na prensa e nos boletíns oficiais, será por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 30 de decembro de 1994.
P.A.
Antonio Fernández-Campa García-Bernardo
Subdirector xeral de Orzamentos e Xestión
Económica