Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 848

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONFERO

ANUNCIO de concurso para a subministración dun tractor.

1.-Obxecto: a subministración por concurso público dun tractor para uso deste concello, coas características orientativas e accesorios que se indican no prego de condicións.

2.-Tipo de licitación: 9.500.000 ptas.

3.-Fianza provisional: 190.000 ptas.

4.-Fianza definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

5.-Prazo de entrega: 10 días.

6.-Proposicións: presentaranse no rexistro xeral do concello, das 10 ás 14 h, durante os vinte días hábiles seguintes ó da publicación do último anuncio de convocatoria, xa sexa no BOP ou no DOG, na forma e coa documentación que se indica no prego de condicións, axustadas ó seguinte modelo:

«Don/dona..., con domicilio en.... r/... con DNI nº... (pasaporte ou documento que o substitúa), actuando en nome propio (ou en representación de.... con domicilio en... r/... nº... telf. ...), participa na contratación convocada polo Concello de Monfero para a subministración dun tractor e accesorios, publicado no BOP nº..., e fai constar que coñece e acepta as bases e comprométese a realiza-la subministración con suxeición a elas, polo importe que se sinala a continuación:

O/a licitador/a (asinado e rubricado)».

7.-Apertura de plicas: no salón de sesións da Casa do Concello ás 12 horas do día hábil seguinte, agás sábado, a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións.

8.-Expediente administrativo e pregos de condicións: encóntranse de manifesto na secretaría do concello en días e horas hábiles durante o prazo de presentación de proposicións.

Monfero, 4 de enero de 1995.

Andrés Feal Varela

Alcalde