Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 26 de decembro de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, polo que se pon de manifesto a nova proposta de resolución do expediente disciplinario incoado a Mª Jesús Ramona Iglesias Alba.

Por medio do presente edicto notifícaselle á asistenta social María Jesús Ramona Iglesias Alba, des

tinada na Sección de Cualificación e Valoración de Minusvalideces de Sada (A Coruña), por ser devolta a notificación que no seu momento se fixo polo servicio de correos por non dar razón dela no enderezo sinalado pola expedientada no escrito do 7 de setembro de 1994, que o expediente disciplinario incoado contra ela con data 28 de xaneiro de 1993 se encontra á súa disposición no Servicio de Réxime Interior da Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais para que, no prazo de dez (10) días hábiles a partir do da publicación do presente edicto, a expedientada poida exerce-lo seu dereito á vista do expediente e poida presenta-las alegacións que considere pertinentes antes de que esta secretaría proceda a continuar cos trámites oportunos.

Para que conste e lle sirva de notificación á interesada de enderezo descoñecido, e no cumprimento do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, en relación co artigo 27 do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, expido, asino e selo este edicto en Santiago de Compostela o 26 de decembro de 1994.

Alberto Núñez Feijoo

Secretario xeral da Consellería de Sanidade e

Servicios Sociais