Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 17 de xaneiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 37/1995-N.I.).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966 do 20 de outubro, sométese a información pública as solicitudes da entidade mercantil Jesús Alonso, S.A. (JEALSA), co enderezo en Punta de Naranxo, concello de Boiro, para a autorización administrativa da instalación que segue:

Sistema de coxeración que se vai instalar na industria JEALSA, situada en Ponte de Naranxo-Boiro, e consistente en:

Tres motores de combustión interna de fuelóleo, de 4.300 kW de potencia c/u. Tres xeradores eléctricos de 5.000 kVA de potencia. Tres centros de transformación de 5.000 kVA c/u e tensións de 6/20 kV. Equipamento eléctrico de protección, mando, sinalización e medida.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 17 de xaneiro de 1995.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña