Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 844

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de decembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 52.824).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública as solicitudes da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

Liña eléctrica subterránea de media tensión, a 20 kV, baixo tuvo e con conductor R.H.V. 15/25 kV de 3(1 x 95) mm Al, de 422 m de lonxitude,

con orixe na liña Grela-Sigrás (expte. 26.842) e, remáte no C.T. que se vai instalar en Fonte-Igrexa. Centro de transformación aéreo, de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 373 m de lonxitude, Culleredo.

Todas aquelas personas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 21 de decembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña