Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 845

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

EDICTO do 27 de decembro de 1994, da Área de Servicios Sociais da Provincia da Coruña, polo que se notifican resolucións dictadas sobre pensións non contributivas da Seguridade Social que se relacionan no anexo.

No uso da competencia sobre pensións non contributivas da Seguridade Social, atribuída na disposición adicional décimo oitava do R.d. lexislativo 1/1994, do 20 de xuño e no art. 21 do R.d. 357/1991, do 15 de marzo, ó ter sido devoltas polo servicio de correos as resolucións enviadas no seu día e, en virtude do disposto no art. 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a cada un dos abaixo citados a resolución dictada na tramitación do seu expediente de pensión non contributiva pola delegación da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais desta provincia.

Contra esta resolución poderán interpoñer reclamación previa á vía da xurisdicción laboral perante esta delegación provincial dentro dos trinta días seguintes ó da data en que se publique este edicto, conforme o disposto no art. 71 do texto articulado da Lei de procedemento laboral, aprobado polo R.d. 521/1990, do 27 de abril.

A Coruña, 27 de decembro de 1994.

José Antonio Amado Vila

Xefe de Área de Servicios Sociais da Provincia

da Coruña