De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos cos datos e último domicilio coñecido o que se indica e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 18 da Lei 29/1987, do 18 de decembro, do imposto sobre sucesións e doazóns. Para a comprobación dos valores utilizouse o regulado no artigo 52.1-D da Lei xeral tributaria.
Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1.684/1990, do 20 de decembro; os medios de paga
mento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.
Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín, nº 2 ou o de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela, nº 26, Vigo, ambos no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula. Así mesmo no prazo establecido para os recursos poderase promove-la práctica de taxación pericial contradictoria; a dita solicitude determinará a suspensión do ingreso da presente liquidación e dos prazos de reclamación contra ela.
Vigo, 9 de xaneiro de 1995.
Pedro Arbolí Albarracín
Delegado Territorial de Vigo (Pontevedra)