Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

CÉDULA do 9 de xaneiro de 1995, da Delegación Territorial de Economía e Facenda de Vigo (Pontevedra), pola que se notifican liquidacións dictadas polo Servicio de Xestión Tributaria, relativo ós contribuíntes que se citan (Alonso Flores, J. Vicente e dez máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as liquidacións relativas ós contribuíntes e conceptos co último domicilio coñecido que se indica e que foron dictados polo Servicio de Xestión Tributaria en aplicación do artigo 52 da Lei xeral tributaria.

Os prazos para efectua-lo pagamento da débeda contraída son os sinalados no artigo 20 do Regulamento de recadación aprobado polo Real decreto 1.684/1990, do 20 de decembro; os medios de pagamento establécense nos artigos 23 e seguintes do citado Regulamento de recadación.

Os recursos que se poden interpoñer son: reclamación económico-administrativa ante o Tribunal Rexional de Galicia, Secretaría Delegada de Vigo, r/ Lalín, nº 2 ou o de reposición ante o Servicio de Xestión Tributaria desta delegación territorial, praza de Compostela, nº 26, Vigo, ambos no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da data de publicación desta cédula.

Vigo, 9 de xaneiro de 1995.

Pedro Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)