Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 842

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 4 de xaneiro de 1995, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa na adquisición dun predio de 63 hectáreas sita en Balicelo-Cabanavella, no termo municipal de Cervantes (Lugo).

En cumprimento do disposto no artigo 18.2 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comu

nidade Autónoma e 46 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 117/1994, do 4 de marzo,

RESOLVO:

Facer pública que, por razóns das peculiaridades do inmoble (estremeiro cunha extensa propiedade da Comunidade Autónoma), xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, a utilización do procedemento de contratación directa na adquisición dunha superficie de 63 hectáreas nomeada Balicelo-Cabanavella, sita no Concello de Cervantes (Lugo).

Santiago de Compostela, 4 de xaneiro de 1995.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda