Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 843

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 1994, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita (Expediente número 107/1994 (51.883)).

Para os efectos previstos no Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública as solicitudes da entidade mercantil Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., co enderezo na r/ Severo Ochoa, nº 2, 15008 A Coruña, para a autorización administrativa da instalación que segue:

L.M.T. subterránea a 20 kV, de 280 m de lonxitude, en conductor RHV de 3(1x95) mm, con orixe na L.M.T. subterránea Fonte do Carme, grupo escolar, expte. 30.363, e remate no C.T. de Bup en Avda. Castelao. Concello de Negreira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas reclamacións ou oposición, no prazo de trinta días, nesta delegación provincial, edificio administrativo Monelos, 15071 A Coruña.

A Coruña, 2 de decembro de 1994.

Juan I. Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña