Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 831

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de xaneiro de 1995 pola que se autoriza o cesamento de actividades do centro privado de educación preescolar Toki-Alai, da Coruña.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado de educación preescolar Toki-Alai, da Coruña, en solicitude de cesamento de actividades do dito centro.

Resultado que o antedito centro privado obtivo a autorización provisional por Orde do 28 de decembro de 1966.

Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, xuntando o preceptivo informe, así mesmo favorable, da Inspección de Educación.

Visto o Real decreto 332/1992, do 3 de abril, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (BOE do 9).

Considerando que os alumnos do centro non van atopar problemas de escolarización, polo que a continuidade do ensino non se prexudica.

Esta consellería dispón:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do dito nivel no devandito centro.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO QUE SE CITA

Provincia da Coruña

Concello: A Coruña

Localidade: A Coruña

Enderezo: Pérez Lugín, 5

Denominación: Toki-Alai

Titular: María de los Ángeles Mora Carnero

Autorización do cesamento de actividades do centro.