Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Santa Ana, de Santiago de Compostela (A Coruña) en solicitude de cesmento de actividades do dito centro.
Resultado que o antedito centro privado obtivo a autorización provisional por Orde do 10 de abril de 1975.
Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.
Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, xuntando o preceptivo informe, así mesmo favorable, da Inspección de Educación.
Visto o Real decreto 332/1992, do 3 de abril, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (BOE do 9).
Considerando que os alumnos do centro non van atopar problemas de escolarización, polo que a continuidade do ensino non se prexudica.
Esta consellería dispón:
Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades do centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do dito nivel no devandito centro.
Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 1995.
Juan Piñeiro Permuy
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria
ANEXO QUE SE CITA
Provincia da Coruña
Concello: Santiago de Compostela
Localidade: Santiago de Compostela.
Enderezo: San Pedro de Mezonzo, 24
Denominación: Santa Ana
Titular: Carmen Evilasia Álvarez Iglesias
Autorización do cesamento de actividades do centro.