Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 830

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 9 de xaneiro de 1995 pola que se lle autoriza o cesamento de actividades, no nivel de educación preescolar, ó centro privado Academia Éxito da Coruña.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Academia Éxito, da Coruña, en solicitude de cesamento de actividades para o nivel de educación preescolar no dito centro.

Resultado que o antedito centro privado obtivo a autorización para o nivel de educación preescolar excepcional e transitoria por Orde do 26 de agosto de 1985.

Resultando que o expediente foi tramitado regulamentariamente pola Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña.

Resultando que a devandita delegación provincial elevou proposta favorable sobre a referida petición, xuntando o preceptivo informe, así mesmo favorable da Inspección de Educación.

Visto o Real decreto 332/1992, do 3 de abril, que regula as autorizacións de cesamento de actividades (BOE do 9).

Considerando que o alumnos do centro non van atopar problemas de escolarización, polo que a continuidade do ensino non se prexudica.

Esta consellería dispón:

Autorizar, de acordo cos informes emitidos, o cesamento de actividades, no nivel de educación preescolar, ó centro privado que se relaciona no anexo da presente orde, quedando nulas e sen ningún efecto as disposicións que autorizan o funcionamento legal do dito nivel no devandito centro.

Santiago de Compotela, 9 de xaneiro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO QUE SE CITA

Provincia da Coruña

Concello: A Coruña

Localidade: A Coruña

Enderezo: Oleoducto, 3

Denominación: Academia Éxito

Titular: María Josefa Casas Pérez

Autorización do cesamento de actividades para o nivel de educación preescolar no centro.