Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Xoves, 26 de xaneiro de 1995 Páx. 830

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 4 de xaneiro de 1995 pola que se dictan instruccións en relación coas condicións de cobertura dos distintos postos de traballo por funcionarios do corpo de mestres.

Advertidos erros e omisións ná citada orde, publicada no DOG do 20 de xaneiro, cómpre efectúa-las correspondentes rectificacións.

Na páxina 685, punto 2º, onde di: «... requiríndose previamente á súa celebración definitiva que conten cun mínimo de 14 anos de servicios como funcionarios de carreira ... », debe dicir: «... requiríndose previamente á súa adscrición definitiva que conten cun mínimo de 15 anos de servicios como funcionarios de carreira ... ».

Nota.-0 prazo para efectua-la opción será de dez días naturais contados a partir da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia e efectuarase ante a Dirección Xeral de Persoal no modo que para tal fin será facilitado ós colectivos que na orde figuran.