Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 1995 Páx. 815

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (109/1989).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago constar que neste xulgado se tramita xuízo verbal civil co número 109/1989, no que se dictou sentencia, que no seu encabezamento e decisión son do teor literal que segue:

Ángel Pantín Reigada, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, pronunciou en nome de El-Rei a seguinte sentencia. En Santiago de Compostela o un de febreiro de mil novecentos noventa. Vistos polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco desta cidade os presentes autos de xuízo verbal civil número 109/1989, tramitados por instancia do procurador Narciso Caamaño Queijo, en nome e representación de Jesús Vázquez Otero, maior de idade, solteiro, empregado e veciño de Santiago de Compostela; e como demandado Manuel Gándara Rodríguez, maior de idade, veciño de Santiago de Compostela; sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimando a demanda interposta polo procurador dos tribunais Narciso Caamaño Queijo, en nome e representación de Jesús Vázquez Otero, debo condenar e condeno a Manuel Gándara Rodríguez a que indemnice ó demandante na cantidade de sesenta e sete mil novecentas trinta pesetas, e xuros legais desde a presentación da demanda, e ó pagamento das custas procesuais. Así, por esta miña sentencia, xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado, Ángel Pantín

Reigada. Publicada no mesmo día da súa data. A sentencia copiada que se notifica non é firme e contra ela poderá interpoñerse recurso de apelación perante este xulgado dentro dos tres días seguintes ó da súa notificación.

E para que así conste e sirva de notificación a Manuel Gándara Rodríguez, declarado rebelde, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido a presente cédula que selo e asino en Santiago de Compostela o 10 de maio de 1993.

O secretario

Rubricado