Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 1995 Páx. 815

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (227/1994).

En cumprimento do acordado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, en resolución dictada no xuízo de faltas que se segue neste xulgado co número 227/1994, tramitado por lesións en agresión, cítase en legal forma a Antonio Sánchez Budiño, en calidade de denunciante-denunciado, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que asista á vista do xuízo de faltas que antes se dixo, que terá lugar o vindeiro día un de febreiro, ás dez cincuenta horas, na sala de audiencia do xulgado de Instrucción número tres desta localidade, advertíndoo de que se non comparece recaerán sobre el os prexuízos a que haxa lugar en dereito, e deberá comparecer cos medios de proba de que intente valerse.

Santiago de Compostela, o dezaseis de xaneiro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado