Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 1995 Páx. 815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de decembro de 1994, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se lle dá publicidade á dictada polo titular desta consellería que adxudica as subministracións dun sistema de correo electrónico e dun sistema de ofimática.

Con data 7 de novembro de 1994 foron convocados dous concursos públicos no Diario Oficial de Galicia para a adquisición, instalación e configuración dun sistema de correo electrónico para a Xunta de Galicia, e para a adquisición, instalación e configuración dun sistema de ofimática para a Xunta de Galicia.

Cumpridos tódolos trámites regulamentarios en materia de contratación administrativa, o titular desta consellería

RESOLVEU:

Adxudicar ámbalas dúas contratacións á empresa Unisys España, S.A., por importes de 7.200.000 pesetas para o sistema de correo electrónico, e 10.849.963 pesetas para o sistema de ofimática.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 38 da Lei de Contratos do Estado e 119 do seu regulamento.

Santiago de Compostela, 22 de decembro de 1994.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e

Administración Pública