Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 1995 Páx. 812

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO de poxa (303/1991).

María Inmaculada Rodríguez Mahía, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Ordes e o seu partido:

Fago saber que nos autos de xuízo sumario hipotecario do art. 131 da L.H. nº 303/1994, promovidos por Caixa de Aforros de Galicia, representado por Ricardo García-Piccoli Atanes, contra Juan Adrán Adrán, sobre reclamación de crédito hipotecario e contía de cinco millóns seiscentas vinteseis mil catrocentas corenta e catro mil pesetas, 5.626.444, acordouse sacar a poxa pública polo termo de vinte días os predios que teñen como prezo taxado polos interesados o da escritura de constitución da hipoteca e que se describen ó final e baixo as condicións seguintes:

Sinalamentos para as poxas:

Primeira poxa: Celebrarase o día 16 de maio de 1995 ás once horas.

Segunda poxa: Celebrarase o día 30 de xuño de 1995 ás dez horas.

Terceira poxa: Celebrarase o día 28 de xuño de 1995 ás dez horas.

Condicións das poxas:

Primeira. Os autos e a certificación do Rexistro da Propiedade están de manifesto na secretaría do Xulgado.

Segunda. Desde o anuncio ata a celebración da poxa poderanse facer ofertas por escrito en prego cerrado, depositando na conta de depósitos de consignacións deste xulgado, xuntándolle resgardo acreditativo de ofertas que se conservarán en poder do secretario do xulgado, abríndose no acto do remate.

Terceira. Para tomaren parte na primeira poxa os interesados deberán ingresar previamente na conta de depósitos e consignacións deste xulgado número 156900018013893 do Banco Bilbao Vizcaya, S.A. unha cantidade igual, polo menos, ó vinte por cento da taxación dos predios.

Cuarta. As ofertas poderanse facer en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Quinta. Para o caso de non haber oferta admisible na primeira poxa, convócase para a segunda coa rebaixa do vintecinco por cento da taxación, baixo as mesmas condicións que quedan ditas e establecéndose a consignación a que se refire o apartado anterior no vinte por cento da cantidade rebaixada.

Sexta. A terceira poxa, se é o caso, convócase sen suxeición a tipo nas mesmas condicións que as anteriores, debendo consigna-los interesados, para poderen participar nela, unha cantidade igual á sinalada para a segunda poxa.

Sétima. A parte demandante está exenta da consignación establecida como requisito para poder participar nas poxas.

Oitava. Todo licitador enténdese que acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito

do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade deles sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Predios que se poxan e tipo:

Concello de Ordes, parroquia de Montaos. Resto de matriz do predio a monte no sitio de Javaguga, de oito áreas, dezanove centiáreas, en virtude de recente medición e de oito áreas, cincuenta e dúas centiáreas, segundo título.

Limita: norte, camiño de Montaos a Queis, muro propio en medio; sur e leste, José Moar Figueira, e oeste, Celestino Gómez Balado. No seu interior áchase a estructura dunha casa de planta baixa e sobrado, duns cen metros cadrados.

Inscrita no Rexistro da Propiedade de Ordes, tomo 547, libro 138, folio 118, predio nº 16.032.

E, para que así conste e sirva de anuncio para o taboleiro de anuncios deste xulgado, para os diarios oficiais en que se acordou a súa inserción, así como de notificación ós debedores en caso de que non fosen atopados no predio, expido, selo e asino o presente edicto en Ordes o 15 de decembro de 1994.

María Inmaculada Rodríguez Mahía

Secretaria