Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Mércores, 25 de xaneiro de 1995 Páx. 813

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE PADRÓN

EDICTO (245/1994).

En virtude do disposto polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Padrón, Montserrat Arza Galán, en providencia dictada no día de hoxe en xuízo voluntario de testamentaría 245/1994, seguido neste xulgado por instancia de Maximino Boullón Rey, polo presente edicto cítanse os que resultaren ser herdeiros de Manuel e José Ramón Boullón Esparís, co fin de que no termo de quince días comparezan ante este xulgado, asistidos de avogado e representados por procurador, co fin de facer uso do seu dereito e apercibíndoos de que, se non comparecen, o xuízo continuará sen volvelos citar.

E para que sirva de citación ós interesados, expido o presente edicto en Padrón o 20 de decembro de mil novecentos noventa e catro.

O xuíz

Rubricado

A secretaria

Rubricado